30 Sep 2021 11:00 - 16 Jan 2022 20:00
Lun. Mar. Mie. Jue. Vie. Sab. Dom.

Exposición "Lodeiro. A xeometría inexacta"

Organiza / Publica:
Gestor03_profile_picture
Gestor03
Precio Entrada
0
/
Evento ONLINE
No
Sobre el evento

Lodeiro. A Xeometría inexacta articúlase ao redor de tres lenzos de 1976 e 1979 que o pintor titulou cos números: 2, 3 e 4, dándolles así un tratamento serial, como serial parece tamén o motivo e o tema, compostos, nos tres casos por retículas regulares e uniformes repetidas de xeito secuencial en toda a superficie pictórica, con ricas variacións cromáticas que lles confiren un ritmo intenso.


A partir destas tres pezas, despréganse un total de quince debuxos realizados con rotulador e case todos sen datar, agás tres pezas de 1971, das poucas nas que a retícula non é o motivo principal e as únicas que están realizadas con técnica mixta.


Destaca un segundo grupo formado por catro pezas, nas que o motivo xeométrico varía. Trátase de catro debuxos moi interesantes que conforman un ensaio sobre outras posibilidades da abstracción xeométrica, cunha cadencia ben conseguida no ritmo da mirada, a través da utilización de círculos, semicírculos, paralelepípedos e diagonais. O resto, oito obras en total, son todos debuxos realizados con rotulador sobre cartolina, sen dúbida, da súa etapa mexicana, variacións sobre un mesmo tema que retoman a composición reticular realizada a modo de mosaico, dos lenzos citados, con innumerables variacións cromáticas que, no seu conxunto, forman un rigoroso traballo de investigación sobre as relacións entre o cromatismo e as formas cadradas, rectangulares e triangulares, contidas unhas dentro de outras.


Esta obsesión de Lodeiro pola xeometría bidimensional e fortemente racionalizada na súa concepción, contrasta co proceso manual, no que o artista desbota a utilización de recursos como padróns, regras e demais elementos utilizados no debuxo técnico, para compoñer estes debuxos a man alzada, como un xesto de afirmación do eu por riba das lóxicas do procedemento debuxístico.


A xeometría inexacta proponse así como un achegamento ao pensamento de Lodeiro formalmente máis radical e definitorio que, máis alá de cronoloxías e concepcións evolutivas, pon de manifesto a orixe da súa estética, baseada nunha concepción xeométrica da composición que está presente, mesmo na súa produción figurativa.


A utilización da cor é outro dos elementos que caracterizan toda a obra de Lodeiro e, nestes estudos xeométricos é posible ver como o pintor investigaba as infinitas combinacións, e conseguía múltiples harmonías cromáticas que, a maioría das veces, partían das cores primarias, para rematar en gradacións e contrastes que sabía utilizar como elementos comunicativos cos que transmitir estados de ánimo.


Debuxo e mancha conflúen en Lodeiro sempre ligados entre si, ao servizo dun obxectivo final de coherencia compositiva coa que nos fala dunha sensibilidade persoal que identifica o seu traballo de forma inequívoca.

Descargas
Categorías
Pintura, escultura, arte y exposiciones
Información del evento
Sitio web
986438475
Whasapp
Aforo:
Lugar (sitio llamado comúnmente)
Fundación Laxeiro. Rúa Policarpo Sanz, 15
VIGO
Observaciones
Cómo Llegar