
Xuvenlugo

A feira de ocio xuvenil contará con diferentes actividades para os máis novos. O Salón do Ocio Infantil e Xuvenil vai ter lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo durante boa parte das datas de nadal e cun horario de 16:30 a 20:30.
Como en anos anteriores, a 22ª edición de Xuvenlugo ocupará os dous pavillóns e o corredor que os une, dentro das instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Establécense diversas áreas destacando a presenza de:
ÁREA “LÚDICA”
Situada no Pavillón 2, Pavillón 1 e no túnel de conexión. Esta zona está dirixida a nenos e nenas de cero a catorce anos. Nela desenvolveranse as seguintes actividades:
1.- Espazo infantil (Ludoteca): pensada para nenos e nenas de cero a seis anos, pretende ser un espazo que oferte actividades adaptadas para esas idades onde poidan estar con total seguridade e pasando en grande. Este espazo estará xestionado por monitores debidamente experimentados e cualificados.
2.- Zona de xogos recreativos, na que os mozos/as converteranse en verdadeiras estrelas dos videoxogos, etc.
3.- Circuito interior de Minigolf con diversas estacións rotatorias que permiten albergar gran cantidade de participantes e que son a mellor forma de iniciarse neste deporte.
4.-Pista de Slot. Os visitantes de Xuvenlugo poderán gozar de pistas de Slot, hobbie que atrae tanto o público infantil como ao adulto.
5.- Inchables de gran formato. Ademais dos inchables da zona infantil, este ano contaremos con catro inchables de gran tamaño con innumerables posibilidades de xogo:
6.- Inchable Formato Mediano Debuxos (Dimensións: 8 m largo x 5 m de ancho e 5 m de alto). Idades recomendadas de 5 a 10 anos
Este inchable no comezo contén obstáculos para que os nenos poidan ir saltando e ao final hai unha zona de subida que remata nun tobogán.
7.- Atraccións: Tren da bruxa, Saltamontes, Scalextric, Dragón, Baby Sport, Coches de choque, Camas elásticas, Tirachinas, Dragón, Norea, Maxi Dance….etc.
Unha ampla variedade de atraccións que recrean o ambiente das festas das cidades e pobos, coa excepción de que aquel que compre a súa entrada para Xuvenlugo adquirirá o dereito a subir tantas veces como queira a estas atraccións.
8.- Touro Mecánico.O touro mecánico é unha atracción con diferentes niveis de dificultade que se adaptan ao mozo ou a moza que participa poñendo a proba a súa habilidade como xinete. Trátase dunha actividade controlada por profesionais para pequenos e grandes.
9.- Rocódromo. É a instalación ”indoor” máis importante no panorama nacional que permite desenvolver actividades de montaña nun espazo controlado para satisfacer a demanda de ocio familiar, deporte base, alta competición e formación profesional.